Zas no verán!


Programa de conciliación laboral e familiar

15 actividades dirixidas a nenos e nenas en idade escolar durante os meses de xullo e agosto 
-

O Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha un ano máis un completo e diverso programa de actividades de verán co que se pretende, por unha parte, ofrecer unha oferta de ocio para os nosos nenos e nenas e, por outra, ser unha medida conciliadora da vida familiar e laboral. Desta forma, ao longo dos meses de xullo e agosto desenvolvéronse nos Centros Socioculturais de Baio e de Zas varios campamentos e obradoiros dirixidos ás distintas etapas escolares e tamén houbo excursións a distintos puntos da nosa xeografía. Case 400 persoas, na súa maioría nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade, desfrutraron das distintas actividades
contempladas nesta intensa programación.

Os máis pequenos, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, teñen varias propostas a longo destes meses. Unha das actividades estrela dese programa foron os Campamentos Urbanos e Deportivos que se celebraron en cinco trunos diferentes repartidos entres os Centros Socioculturais de Zas e de Baio. A dinámica deste tipo de campamentos resulta moi atractiva para os máis novos e, case sen darse de conta, aprenden mentras desfrutan. Cada unha das xornadas é diferente nas que hai xogos novos e dinámicas nas que se fomentan valores tan importantes como o traballo en equipo, o compañeirismo,... entre outros moitos. 

Tamén houbo un taller para os nenos e nenas de 8 a 14 anos. Nesta ocasión, será un Taller Tecnolóxico no que aprenderon a programar, a crear videoxogos e incluso profundizaron nalgunhas técnicas que se empregan no audiovisual como o “Stop Motion”. O obradoiro foi en Baio os días 9, 12, 13 e 17 de xullo en horario de 10 a 12 horas.

Dentro da programación do verán do Concello de Zas, incluíuse un ano máis o Campamento en Naturmaz no que durante tres días os participantes estiveron en contacto directo coa natureza a través de xogos, deportes, talleres,…. Este campamento estaba dirixido a nenos e nenas de 7 a 14 anos e será os día 18, 19 e 20 de xullo. Eses mesmos días, houbo tamén actividades para os máis pequenos (de 4 a 7 anos) cuns talleres específicos para eles.

Outra das novidades no programa de actividades deste verán tivo lugar o 23 de xullo. Día no que as Torres do Allo desvelaron todos os seus agochos a través dunha completa mañá de actividades. “Un día nas Torres do Allo” dirixiuse a nenos e nenas de 4 a 12. E antes de meterse de cheo na Semana Cultural (que foi do 29 de xullo ao 4 de agosto), os máis novos participaron nunha excursión para coñecer o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro, en Pontevedra. A excursión foi o 27 de xullo e participaron nenos e nenas de 7 a 16 anos. 

Despois da Festa da Carballeira, o programa volveu a Baio cun novo Campamento Urbano e Deportivo que se levou a cabo entre os días 7 e 9 de agosto e que se repetiu en Zas os días 27, 28 e 29 de agosto. Foi entre as 10:00 e as 14:00 horas e estivo dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos.

Xa o 14 de agosto, o Concello de Zas organizou a xa tradicional excursión ao Aquapark de Cerceda na que participaron os veciños e veciñas dos 8 aos 16 anos. 

E co fin de coñecer o noso municipio, volveron por terceiro ano os Venres a Pé; unha actividade na que participaron veciños e veciñas maiores de 7 anos e que se realizou os días 10, 14 e 17 de agosto. 

Durante o verán tamén houbo tempo para participar noutras actividades en familia; tales como o día da Bici (12 de agosto), as Noites de Cine (en Carreira, Fornelos e nas Torres do Allo) e nas visitas teatralizadas que se realizaron todos os domingos ás 19:30 horas nas Torres do Allo. Ademais de todas estas actividades, durante os meses de xullo e agosto estiveron abertas as piscinas municipais de Zas e de Baio onde, ao mesmo tempo, se realizaron cursos de natación dirixidos a distintos grupos de idade.

Ao longo destes meses, compartimos na páxina de Facebook do Concello de Zas as imaxes de todas e cada unha destas actividades. 

Ligazóns

Descargas

Compartir: