Aberto o prazo de inscrición para desfrutar de “Un día nas Torres do Allo”

12-07-2018

 

Xa está aberto o prazo para anotarse nunha nova actividade que se enmarca no programa de conciliación familiar e laboral “Zas no verán!” posto en marcha polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura.

O próximo 23 de xullo os máis novos poderán desfrutar de “Un día nas Torres do Allo”; unha actividade a través da cal coñecerán dun xeito divertido como era a vida nos Pazos. Para iso xa temos preparados distintos obradoiros e xogos dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos. A actividade é gratuíta.

Os/as interesados/as en anotarse poden facelo no Centro Sociocultural de Baio ou no de Zas ou a través dos números de teléfono 981 751 398 e 981 718 056 (de luns a venres en horario de 09:30 a 14:00 horas). As inscricións están abertas ata o 20 de xullo.

Noticias relacionadas

Compartir: