Continúa aberto o prazo para anotarse no campamento de Naturmaz

09-07-2018

 

O próximo mércores, 11 de xullo, remata o prazo para apuntarse no campamento Naturmaz, organizado polo Concello de Zas, que terá lugar os días 18, 19 e 20 agosto nas instalacións do aeródromo da Fervenza, en Mazaricos. Esta é unha actividade dirixida a nenos e nenas de 7 a 14 anos. Alí practicarán actividades deportivas como tirolesa, escalada, “paintball”, circuito multiaventura, “rappel”, tiro con arco, piragüismo, sendeirismo con orientación, actividades con cabalos,… e moitos máis xogos.

O campamento de tres días de duración ten un custe de 45€ para os empadroados/as e 95€ para os non empadroados/as nos que se inclúe traslados, aloxamento en albergue, comidas e as actividades. En total hai dispoñibles 45 prazas. No caso de haber máis solicitudes que prazas, realizarase sorteo o xoves 12 de xullo.

Mentras no Centro Sociocultural de Zas haberá uns obradoiros dirixidos aos máis máis novos. Estes talleres de actividades realizaranse en horario de mañá e nel poden participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos.

As inscricións en calquera dos dous campamentos pódense realizar no Centro Sociocultural de Baio ou no de Zas ou a través dos números de teléfono 981 751 398 e 981 718 056 (de luns a venres en horario de 09:30 a 14:00 horas).

Estas dúas actividades enmárcanse dentro programa de actividades “Zas no verán!” co que o Concello de Zas, a través da súa Concellería de Cultura, pretende ofrecer unha oferta de ocio para os nosos nenos e nenas así como ser unha medida conciliadora da vida familiar e laboral.

Noticias relacionadas

Compartir: