Zas polo miúdo: Vilar

31-08-2017

O Concello de Zas por medio da Concellaría de Cultura, continúa coa proposta, coa finalidade de dar a coñecer máis a fondo as parroquias do noso municipio.

Na páxina web municipal, na sección: "Zas polo miúdo", este mes de AGOSTO presentamos a documentación elaborada por Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema sobre a parroquia de VILAR.

Como datos máis destacados desta parroquia:

Conta con tres topónimos que son auténticas rarezas, posto que son únicos en Galicia: Artón, Saconde e Sandrexo.

Ata a construción da estrada de Zas a Baio, Vilar era un punto importante no camiño real entre Santiago e a zona central da Costa da Morte. Crese que é posible que a vella ponte da aldea de Vilar puidera ser, en orixe, de época romana.

Aínda que por cinrcunstancias especiais, nacera en Madrid, un personaxe moi importante desta parroquia foi José López Pérez, fillo dun sarxento do exército español, natural de Artón, quen chegou a ser presidente do Centro Galego de La Habana (1907), cofundador da Real Academia Galega (1906), tamén en La Habana. El foi quen trouxo os restos mortais de Manuel Curros Enríquez desde esa cidade ata a Coruña (1908). Tan unido a Artón se sentía –pois pasara aquí parte da súa infancia- que nesta viaxe de abril de 1908 visitou con seu pai o lugar, onde seica foi recibido triunfalmente.

Ligazóns

Descargas

Noticias relacionadas

Compartir: