Zas polo miúdo: San Tirso de Muíño

26-01-2017

Dende o Concello de Zas, no presente mes de xaneiro presentámosvos información detallada sobre unha nova parroquia do noso concello. Trátase a de San Tirso de Muíño, que coincide esta semana coa celebración das súas festas patronais o sábado 28 de xaneiro (San Tirso) e San Xosé, o domingo 29.

Unha vez máis Xosé María Lema Suárez e Evaristo Domínguez Rial elaboraron esta documentación, ao igual que nas anteriores ocasións.

Convidámosvos a entrar no apartado da web municipal sobre San Tirso de Muíño para ampliar a información, e atopar nela curiosidades como as seguintes:

Sabías que...

  • A festa da Santa Margarida de Muíño xa se celebraba en 1670.
  • A Arca da Piosa é o lugar ideal para comprobar se é certo que a primeira raiola de sol do solsticio de inverno (no mes de decembro) entra a través do corredor do monumento -máis ou menos orientado cara ó leste- na cámara.

Ligazóns

Noticias relacionadas

Compartir: