Galicia abandona o estado de alarma

15-06-2020

Dende hoxe, luns 15 de xuño, Galicia abandona o Estado de Alarma converténdose na primeira comunidade autónoma en deixar este réxime de excepcionalidade. 

Estas son as principais medidas de carácter xeral:

  • Os galegos e as galegas poderán reunirse sen ningún tipo de limitación e moverse libremente pola comunidade e territorios con situación sanitaria semellante
  • Nos transportes privados poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo
  • Nos transportes públicos de viaxeiros poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo por cada fila adicional de asentos respecto da do condutor e será obrigatorio o uso de máscara por todos os ocupantes
  • Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da Covid-90, así como a propia exposición a devantitos riscos. Por tanto, continúan a ser necesarias as medidas de hixiene, distancia social e prevención
  • Os parques infantís, biosaudables ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre se repecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados
  • A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre e en centros deportivos, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e ata un máximo de 25 persoas de forma simultánea. As piscinas ao aire libre ou cubertas deberán respectar o límite do 75% da súa capacidade
  • Está permitida a pesca fluvial e a actividade cinexética en todas as súas modalidades sempre que se respecte a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, se utilicen medidas alternativas de protección física como as máscaras
  • As festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións de feiras poderán reanudar a súa actividade cando a administración autonómica así o permita e respectando as pertinentes medidas de prevención
  • As cerimonias nupcias poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, sempre que non superen o 75% do seu aforo
  • Permitirase a asistencia a lugares de culto sempre que non se supere o 75% do seu aforo
  • Os velorios poderán realizarse cun límite máximo de 70 persoas en espazos ao aire libre ou 30 persoas en espazos pechados, convivan ou non no mesmo domicilio. A comitiva para a despedida da persoa falecida restrínxese a un máximo de 75 persoas e sempre respectando as medidas de distanciamento e hixiene

Podes consultar o texto completo aquí: https://bit.ly/37pVJhy

Compartir: