Sistema de cita previa en Catastro

02-06-2020

Unha vez reabertos os servizos presenciais de atención ao público, a xerencia de Catastro informa do sistema de cita previa para poder ser atendidos.

 

As correspondentes citas previas pódense obter a través da Sede Electrónica de Catastro (www.sedecatastro.gob.es), ou da Liña Directa de Catastro (902 37 36 35 / 91 387 45 50). A obtención de dita cita resulta imprescindible para acudir a unha xerencia de Catastro para obter información catastral, presentar documentos ou expedientes, realizar consultas, obter notificacións ou realizar calquera outro trámite relacionado con Catastro.

A implantación desta medida resulta imprescindible para garantir o cumprimento das medidas de seguridade dictaminadas polas autoridades sanitarias.

 

Compartir: