Fase 2 do Plan de Desescalada

24-05-2020

Hoxe, 25 de maio, entramos na Fase 2 do Plan de Desescalada. Estas son algunhas das medidas permitidas:
 
  • Autorízanse as reunións de ata 15 persoas
  • Reapertura dos locais e establecementos minoristas con independencia da súa superficie sempre limitando o aforo ao 40% e garantindo unha distancia mínima de 2 metros entre clientes
  • Poderán reabrir ao público os establecementos de #hostalería e restauración para o consumo no local, sempre que non se supere o 40% do aforo. O consumo no local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, nunca na barra. En canto ás terrazas ao aire libre, mantense a limitación ao 50% das mesas cunha ocupación máxima de 10 persoas
  • Os hoteis e establecementos turísticos poderán reabrir as súas zonas comúns sempre que non se supere o 30% do seu aforo
  • Permítese a realización de actividades de turismo activo e de natureza en grupos de ata 20 persoas
  • Os velorios poden realizarse cun límite máximo de 25 persoas en espazos ao aire libre ou 15 persoas en espazos pechados. A comitiva para a despedida da persoa falecida restrínxese a un máximo de 25 persoas e sempre respectando as medidas de distanciamento e hixiene
  • Poderase circular só pola provincia salvo excepcións por motivos sanitarios, laboriais, asistencia de maiores ou dependentes ou outras causas de forza maior
 
 
Podes ampliar a info nesta guía: https://www.lamoncloa.gob.es/covid-19/Documents/23052020_Plan_Transicion_Guia_Fase2.pdf
Compartir: