Guías para a reducción do contaxio por coronavirus no sector turístico

11-05-2020

A secretaría de Estado de Turismo, en coordinación co Ministerio de Sanidade, elaborou as gúas de especificacións para a reducción do contaxio por coronarivus SARS-COV-2. As guías conteñen especificacións de servizo, limpeza e desinfección, mantemento e xestión do risco para os diferentes subsectores do sector turístico.

 

Na súa elaboración participaron as Comunidades Autónomas, A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), os axentes sociais, as asociacións de cada subsector, expertos participantes nos grupos de traballo e a Asociación Española de Servizos de Prevención Laboral (AESPLA), coordinados polo Instituto de Calidade Turística, entidade á que a Secretaría de Estado de Turismo encomendou esta labor. 

 

Compartir: