Fase 1 do Plan de Desescalada

11-05-2020

Estas son algunhas das medidas que se flexibilizan dende hoxe, día no que entramos na Fase 1 do Plan de Desescalada:

  1. Poden abrir aqueles comercios minioristas que teñan unha superficie de un máximo de 400 metros cadrados. O aforo limítase ao 30% respectando a distancia mínima de 2 metros entre clientes. No caso dos concesionarios de automoción, as ITV e os centros de xardiñeiría e viveiros poderán abrir sexa cal sexa a súa superficie e sempre con cita previa
  2. Reapertura ao 50% das terrazas de hostalería e restauración, garantizando a distancia mínima interpersoal de 2 metros e en cada mesa poderá haber como moito 10 persoas
  3. Desprazamentos en coche. Os habitantes dun mesmo domicilio poden compartir coche
  4. Permítense os desprazamentos dentro da provincia
  5. O sector hoteleiro poderá abrir sen habilitar as zonas comúns
  6. Permítese trasladarse a unha segunda residencia semre e cando estea na mesma provincia

Podes ampliar a info no BOE - Boletín Oficial do Estado - do pasado 9 de maio: https://boe.es/boe/dias/2020/05/09/pdfs/BOE-A-2020-4911.pdf

 

Compartir: