Emprego

06-05-2020

O DOG do 17 de abril publica unha modificación e ampliación das medidas para favorecer as persoas demandantes inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (Emprego Galicia) que se resumen nos seguintes puntos:

Non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de xuño de 2020

Para a realización de trámites urxentes na demanda de emprego amplíanse os servizos telemáticos á disposición da cidadanía:

– Novo formulario web para a tramitación de altas iniciais: https://emprego.xunta.gal/…/index.php/es/formulario-alta-de…

– Ampliación dos servizos para a reactivación da demanda a través da Oficina Virtual de Emprego Galicia

Estes dous servizos, xunto coas restantes medidas acordadas pola Xunta de Galicia en favor das persoas demandantes de emprego e os datos de contacto da rede de oficinas de emprego, están dispoñibles no Portal de emprego de Galicia: https://emprego.xunta.gal/portal/gl/

Se precisas máis información podes contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03 ou no enderezo electrónico correo@concellodezas.org ou tamén na oficina de prestacións de Carballo nos teléfonos 981 704 340 - 981 983 510 e na oficina de emprego de Carballo no teléfono 981 960 443

Compartir: