Plan de reconstrución e desenvolvemento da Costa da Morte

06-05-2020

O alcalde de Zas, Manuel Muiño, solicita a colaboración de todos e todas os empresarios/as, e autónomos/as do Concello de Zas, para cubrir a enquisa que se está realizando para a elaboración do documento  "PLan de Reconstrución e desenvolvemento da Costa da Morte", por parte dos distintos AEDLs da Costa da Morte, para coñecer a situación real na que se atopan nestes momentos en relación as consecuencias socioeconómicas do COVID 19.
 
Esta enquisa é anónima e curta, pero necesaria para ter unha fotografía real da situación na que estamos inmersos.
 
Os empresarios e autónomos que queiran participar, poden solicitala a través da páxina de facebook do Concello de Zas, por correo electrónico  ao seguinte enderezo emprego@concellodezas.org, ou ben chamando ao teléfono do concello. 981708303 e facilitando o seu teléfono  e enviaráselle a través de whatsapp.
 
O prazo remata o xoves día 23 de abril.
 
Agradecendo a colaboración de todos/as
Compartir: