Protocolo e guía de boas prácticas dixiridas á actividade comercial en establecementos físicos e non sedentarios ou mercados

06-05-2020

O 4 de maio constituise na FEMP - Federación Española de Municipios e Provincias - a Comisión de Consumo e Comercio na que se decidiu informar dos protocolos e recomendacións relativas á seguridade e á hixiene no sector comercial.

Este é un marco xeral, consensuado e acordado co sector e cos principais sindicaos no que se tiveron en conta as recomendacións elaboradas polo Ministerio de Sanidade. 

No momento de consulta da presente Guía, deberá terse en conta as condicións específicas establecidas nas ordes ministeriais que regularan cada unha das fases de desescalada na que se atope nese momento, co obxecto de adaptar as indicacións de Protocolo tendo en conta aquelas medidas propia de cada unha das fases, por exemplo, o aforo permitido nun establecemento comercial. 

O Protocolo (que se pode consultar ao final desta páxina) está destinado tanto aos establecementos comerciais como ao comercio non sedentario, incluído na última sección. A FEMP colaborou e prestou especial atención a esta parte, xa que a venda ambulante e os mercados son de vital importancia e son os concellos os que deben proceder á súa reapertura. 

Descargas

Compartir: