Enrique Labarta Pose


A festa da patrona de Tabeirón

Cheo de afán i emoción,
case con noite, me erguía
tódolos anos, o día
da festa de Tabeirón.
Logo, aló na carballeira,
sentíase una alborada
doce, alegre, froleada,
beiladora e churrusqueira.
Era o gaiteiro Xan Trigo
que a nosa cas ledo viña,
onde por costume tiña
tomar a parva de antigo (...)


Enrique Labarta Pose

Nace en Baio, Zas en 1863 e morre en Barcelona en 1925)

Un dos destacados escritores e xornalistas galegos.

Estudou dereito en Santiago de Compostela, onde coñeceu a Valle-Inclán e Alfredo Brañas. Fundou varios xornais como Galicia Humorística, La Pequeña Patria, Galicia Moderna e Pasatiempos.

Obras:

  • 99 céntimos de versos, 1882 (poemario en castelán)
  • Bálsamo de Fierabrás, 1889 (poesía en galego e castelán)
  • A Festa da Patrona de Tabeirón, 1904 (poesía premiada nos xogos florais do Círculo Católico de Obreros de Pontevedra que se celebraron no mes de Agosto de 1903)
  • Adormideras, 1909 (poemario en castelán)
  • Cuentos humorísticos, 1929 (narrativa en galego e castelán)
Compartir: