Saltar navegación
Galego |
Concello de Zas
Secuencia de imaxes do Concello de Zas

Turismo> Dolmen A Piosa

Dolmen A Piosa


Atópase no interior dunha grande explotación forestal de eucaliptos, na que a contínua apertura de pistas fai que ás veces se perdan as referencias para a súa localización. Conserva catro dos cinco esteos da súa cámara poligonal, e dous no corredor, que mide máis dun metro. Impresionan as dúas tampas, tanto a da cámara como a do corredor, polas súas dimensións, encontrándose a do corredor nun plano inferior á da cámara. A mámoa, de grande altura, é visible dende lonxe (sempre e cando os eucaliptos que a colonizan non teñan moita altura).

O poeta Eduardo Pondal sitúa aí a tumba do mítico guerreiro celta Brandomil:

"Arca antiga da Piosa....
debaixo das túas antes
está o valente Brandomil"

Concello de ZAS
By Abertal