Saltar navegación
Galego |
Concello de Zas
Secuencia de imaxes do Concello de Zas

Emprego> Obxectivos

EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

A axencia de emprego e desenvolvemento local ten como obxectivo xeral a implantación das políticas activas de emprego e o fomento da actividade económica e social no concello de Zas.
Como obxectivos específicos salientamos os seguintes:

· Xestionar axudas para favorecer o emprego, centrándose sobre todo naqueles colectivos con maiores dificultades á hora de conseguir emprego.

· Informar ás empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial dispoñibles, así como facilitar o acceso a estes.

· Promover a cultura emprendora fomentando iniciativas empresariais e apoiando novos proxectos de autoemprego individual ou colectivo.

· Facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego, en especial das participantes en políticas activas de emprego, identificando as necesidades de persoal das empresas e propoñendo accións de mellora da empregabilidade da poboación desempregada.

· Observación estratéxica do territorio e realización de estudos co fin de detectar necesidades formativas e educativas da poboación desempregada.

Concello de ZAS
By Abertal