Baio: Non debe perderse un paseo pola marxe do río (dende Ponte Lodoso na Cacharoza á ponte de Baio), pasando pola área recreativa de Pedra Vixía e polo espléndido parque natural que é a
Carballeira da Devesa. Xa no núcleo urbano pode realizar unha visita ao Campo do Rolo (igrexa nova), á igrexa vella (en Baio pequeno), pasando pola romántica casa do poeta
Labarta Pose, resgardada polos chamados "Carballos da botica".
Brandomil: Antigamente neste lugar houbo un asentamento romano moi importante. No curso do Xallas existe un castro romanizado, unha ponte medieval (tal vez de orixe romano) e os restos dunha antigua calzada. Non lonxe de alí, no chamado Pozo Limideiro quizais houbo unha importante explotación mineira da época romana, dedicada á explotación de estaño. Visita o núcleo abandonado de Vilarcobo, así coma o pantano da Fervenza.
O Allo: Neste núcleo atopanse as
Torres do Allo, que están convertidas nun centro de interpretación turística, onde se pode informar para coñecer o resto da Costa da Morte. Tamén pode visitar moi preto a igrexa parroquial.
Muíño: Nesta parroquia, en medio dun extenso eucaliptal, atópase o Arca da Piosa, de gran tamaño e en moi bo estado de conservación. O conxunto do seu alzado presenta unha curiosa forma escalonada. É interesante tamén a visita á Ermida de Santa Margarita.
San Adrián de Castro: Atopamos a forma típica dun castro no cume dun outeiro. Salienta tamén a súa igrexa parroquial.
Loroño: En canto a arquitectura civil, salientan as torres de Romelle, coidadosamente restauradas e cunha capela no seu interior, e cuns impresionantes xardíns. Tamén no lugar de As Hedreiras atópase un pazo, que tamén conserva unha capela adosada á súa parte este.
San Cremenzo: Nesta Parroquia está o Pazo de Daneiro, tamén restaurado e habilitado. Situado nunha grande paraxe natural.
Zas: Podemos percorrer as ribeiras do río de Zas, entrando na frondosa Carballeira (escenario da
Festa da Carballeira). Debe visitar a casa consistorial coa ampla praza do Campo do Carme, así como a igrexa parroquial.
Mira: Podemos visitar o Pazo de Follente e a A Ermida de San Roque do Monte.
Pico de Meda: É o pico máis alto do municipio. A partir da súa parte máis alta, a 567 m , pódese contemplar unha impresionante panorámica. Moi preto de alí atópanse os muíños de O Rabuñoso, pertencentes á parroquia de Gándara.
Meanos: Conta cunha igrexa parroquial onde se garda un xigantesco Cristo de pedra do s. XVII, atopado hai uns anos mentres se reconstruía o edificio.
Lamas: É de gran interese o retablo maior da súa igrexa parroquial, de estilo barroco neoclásico de finais do s. XVII.