Saltar navegación
Galego |
Concello de Zas
Secuencia de imaxes do Concello de Zas

Concello> Novas

ESTE VERÁN, QUÉDATE EN ZAS!

Presentamos o Programa de actividades para o verán 2010

actividades de Verán 2010. Concello de Zas
Poñemos á vosa disposición a oferta de actividades deseñada polo Concello para que poidades gozar, sen saír de Zas, dun período estival repleto de opcións para todos os gustos e idades.

No Programa atoparédes todo tipo de iniciativas: campamentos, exposicións, deportes de aventura, excursións, cursos..., en definitiva todo o que podedes demandar para pasar un verán repleto de opcións de lecer.

Inscrición e participación

Para participar será obrigatorio entregar a solicitude de inscrición que atoparedes no Programa que ofrecemos ao pé desta nova. O prazo de inscrición de cada actividade finaliza dous días antes do inicio da mesma ou ata cubrir prazas. As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada, tendo prioridade as persoas empadroadas no Concello de Zas.

Máis info: Centro sociocultural de Zas. Tlf: 981 751 398. De 9:30 a 14 horas, de luns a venres.

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010


Concello de ZAS
By Abertal