Saltar navegación
Galego |
Concello de Zas
Secuencia de imaxes do Concello de Zas

Concello> Novas

ZAS ABRE O SEU "BANCO DE TEMPO"

O Concello pon a disposición dos seus veciños este novo servizo baseado na colaboración entre os cidadáns.

Reloxo
O Banco de Tempo é un sistema de intercambio de servizos e/ou coñecementos entre os veciños do Concello de Zas onde a única unidade de intercambio e de valor é o tempo.

Trátase de crear un marco de intercambio de tempo entre as persoas que axude a resolver problemas da vida cotiá (axudando así á conciliación da vida familiar, persoal e laboral); un grupo de persoas motivadas para intercambiar tempo invirten horas en ofrecer un servizo ou actividade e a cambio demandan horas doutros servizos que necesiten.

No banco de tempo de Zas poderás atopar servizos relacionados con actividades da vida cotiá como axudas en tarefas escolares, labores de coidado ou tarefas domésticas...

Para máis información achegamos ao pé unha ligazón aos documentos explicativos.

INFÓRMATE SEN COMPROMISO !!!

· No teléfono: 981-70 83 03

· No correo electrónico: bancodetempo@zas.dicoruna.es

Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010


Concello de ZAS
By Abertal