
Incorporamos as imaxes tomadas o pasado 20 de agosto durante a xornada adicada ao deporte de aventura para persoas adultas, unha proposta lúdica do Concello integrada no Programa Diververán 2011.
Trinta mozos e mozas do concello desplazáronse ata Naturmaz, á beira do embalse da Fervenza, onde realizaron actividades como escalada, tirolina, paintball ou piragua.
Xa podedes botar unha ollada á galería fotográfica Diververán 2011. Achegámosvos un link ao pé.