Tivo lugar o pasado 10 de maio no Centro Socio-Cultural de Zas. 
Bailaron os grupos:
• Grupo de baile de iniciación
• Grupo de baile de perfeccionamento
• Grupo de nenos da escola de baile de “Arte e Movemento”
Orde de actuación:
- Chachacha
- Tango
- Samba
- Salsa
- Merengue
- Juve
- E para finalizar o grupo de iniciación bailou un pasodobre.
Bótalle un ollo ás imaxes desta clausura na Galería de imaxes Actividades 2013
Ligazóns recomendadas
O Concello de Zas vai a levar a cabo accións formativas gratuítas para empresarios autónomos e persoas desempregadas, que van a ser impartidas nas Aulas de Informática de Baio e Zas.
En concreto vanse desenvolver as seguintes accións formativas:
·
Curso de prevención de Riscos laborais
Duración: 8 horas
Datas: sábados 8 e 14 de xuño
Horario: de 10 a 14 horas.
·
Curso de informática: redes sociais
Duración: 30 horas
Obxectivo: Adquirir coñecementos de internet e redes sociais
·
Curso de "Como xestionar a relación da súa empresa cos bancos"
Duración: 30 horas
Obxectivo: Adquirir e mellorar os coñecementos de xestión empresarial
Datas: mes de xuño
Estes cursos serán compatibles coa xornada laboral.
O
prazo de inscrición remata o 3 de xuño. As persoas interesadas deben inscribirse na Axencia de Emprego e Desenvolvemento local, teléfono 981 70 83 03.
Descargas asociadas

A estes 3 grupos de Zas, tamén hai que engadir outros 2 máis que se levaron a cabo con anterioridade na Aula de Informática Municipal de Baio, todos eles incluídos na Programación de Actividades do Concello de Zas 2012-2013.
2ª etapa do Camiño Sanabrés dende Ourense a Santiago en 5 etapas.
Xa contamos con imaxes desta segunda etapa do Camiño a pé que tivo lugar o sábado 11 de maio.
A próxima etapa terá lugar o sábado 25 de maio.
Ligazóns recomendadas
V Concurso de Marcapáxinas
A Bilioteca Municipal convoca este concurso destinado ao alumnado dos centros de ensino do Concello. Establécense tres categorías.
BASES
5 de Maio
Música. Magín blanco “A nena e o grilo nun barquiño"
Auditorio de baio (18.00h)
7 de Maio
Animación á lectura. Compañía do Trinke Trinke.”O pé das fabas”
Biblioteca Municipal de Zas (18.00h)
13 de Maio
Teatro. Cándido Pazó “Memorias dun neno labrego”
Auditorio de Baio (12.00h)
Contacontos. Talía Teatro “Pequena”
CPI de Zas (12.00h)
CEIP Labarta Pose (16.00h)
15 de Maio
Teatro. Os Sete Magníficos Máis Un “A historia de Brancaflor”
CPI de Zas (12.00h)
CEIP Labarta Pose (15.30h)
18 de Maio
Entrega de premios do V concurso de Marcapáxinas. Centro Sociocultural de Zas (18:30h)
Foliada Tradicional. Coa participación do grupo Churía da A.C. Castro-Meda (19.00h)
21 de Maio
Animación á Lectura. Compañía do Trinke Trinke. “O pé das fabas”
Axencia de Lectura de Baio (18.00h)
25 de Maio
Teatro. Grupo Troula; Centro Sociocomunitario de Santa Comba.
Centro Sociocultural de Zas (19:00h)
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas

A Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convoca as probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.
As probas realizaranse os días 22 de xuño (nivel 2) e 23 de xuño de 2013 (nivel 3), no Recinto Feiral de Silleda.
O prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de maio de 2013.
Máis información: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello
(981 708 303).
Percorreremos a pé a parte do Camiño Sanabrés dende Ourense a Santiago en 5 etapas de entre 20 e 25 km cada unha.
DATAS: Sábados 27 de abril, 11 e 25 de maio e 8 e 15 de xuño
PREZO: 10€ por etapa, que inclúe o desprazamento en autobús, bocadillo, froita e auga, ademais da credencial de peregrino/a que se dará na primeira etapa. O prezo da actividade deberá aboarse con tres días de antelación ó inicio de cada etapa.
PRAZAS: 50 por orde de inscrición. As persoas non empadroadas no Concello de Zas poderán participar se non se cubren as prazas.
HORA DE SAÍDA: 7h. dende a praza do Concello, en Zas.
FIN DO PRAZO DE INSCRICIÓN: O mércores 24 de abril.
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: No Centro Sociocultural de Zas (981.751.398) e no Centro Sociocultural de Baio (981.718.056)
Descargas asociadas
A Asociación COSTA DA MORTE-GDR abre o prazo para a presentación de proxectos para ser subvencionados con cargo ao PROGRAMA LEADER 2007-2013.
O prazo de presentación de proxectos para ser subvencionados con cargo ao Programa Leader de Galicia 2007-2013 xestionado pola Asociación Costa da Morte - GDR iníciase o 4-12-2009 e esténdese durante todo o período ata o 1 de setembro de 2013.
As persoas que estean interesadas en presentar proxectos, dispoñen de toda a información e documentación necesaria na ligazón do pé, ou ben poden dirixirse á sede da Asociación Costa da Morte- GDR, sita en Vimianzo ( Edificio Servizos Múltiples da Torre, Rúa A Torre, 15.129, Vimianzo).
O horario de atención ao público e de luns a xoves de 9.00 a 14.00 horas, e de 15.30 a 18.30 horas e os venres de 8.00 a 15.00 horas. O número de teléfono de contacto é o 981 71 73 58.
Ligazóns recomendadas