O venres 11 de maio, no Centro Socio-Cultural de Zas, , tivo lugar a clausura das actividades do concello.
Continúa o Camiño de Santiago por etapas, neste caso o Camiño Portugués, dende Tui ata Santiago de Compostela.
A cuarta etapa tivo lugar o sábado 12 de maio entre A Seca e Padrón, un total de 25.9 km.
O próximo sábado, 19 finalizaremos o Camiño en Santiago, con outros tantos kilómetros entre Padrón e Santiago, onde o celebraremos nas festas das Ascensión.
Podedes ver as imaxes desta etapa e das anteriores na galería de imaxes do camiño.
IV Concurso de Marcapáxinas
A exposición didáctica "Aves de Galicia", estivo ao público dende o luns 30 de abril ata o venres 4 de maio no Centro Sociocultural de Baio (Zas).
É unha exposición itinerante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Dirección Xeral de Conservación da Natureza) da Xunta de Galicia en colaboración coa Obra Social La Caixa, que pretende achegar a poboación ao medio natural a través das aves.
Deixámosvos as imaxes dos grupos de escolares de 1º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Labarta Pose de Baio, de 1º e 2º do CEIP de Zas e do primeiro grupo de persoas adultas que participaron nas visitas guiadas.
Comeza unha nova campaña de animación á lectura no Concello de Zas.
As sesións terán lugar na Biblioteca Municipal ás 18.15 horas e repetiránse cada mes ata o 15 de Maio.
A Compañía do Trinke Trinke será a encargada de dinamizar as tardes dos martes 17 de xaneiro, 14 de febreiro, 13 de marzo, 17 de abril e 15 de maio.
O prazo de presentación de proxectos para ser subvencionados con cargo ao Programa Leader de Galicia 2007-2013 xestionado pola Asociación Costa da Morte - GDR iníciase o 4-12-2009 e esténdese durante todo o período ata o 1 de setembro de 2013.
As persoas que estean interesadas en presentar proxectos, dispoñen de toda a información e documentación necesaria na ligazón do pé, ou ben poden dirixirse á sede da Asociación Costa da Morte- GDR, sita en Vimianzo ( Edificio Servizos Múltiples da Torre, Rúa A Torre, 15.129, Vimianzo).
O horario de atención ao público e de luns a xoves de 9.00 a 14.00 horas, e de 15.30 a 18.30 horas e os venres de 8.00 a 15.00 horas. O número de teléfono de contacto é o 981 71 73 58.