Saltar navegación
Galego |
Concello de Zas
Secuencia de imaxes do Concello de Zas

Concello> Novas

IMAXES DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA BICICLETA 2008

Xa dispoñemos de fotografías da xornada do Día da Bicicleta que celebramos con vós o pasado domingo 10 de agosto.

No centro, o galardonado do sorteo

Como informamos non hai moito, na edición do Día da Bicicleta, celebrada o domingo 10 de agosto do presente ano, o grupo de ciclistas percorreu Carreira, Gándara, San Cremenzo, Lamas e Baio, e continuou ata o campo da Milagrosa en Lamas onde xantamos a base de churrasco.

Logo do xantar celebramos o sorteo dunha bicicleta e un equipo completo (maillot, culotte e casco) de ciclismo entre todos os participantes.


Ligazóns recomendadas

NOITES DE CINE - AGOSTO 2008

Xa está dispoñible a programación das Noites de Cine do mes de agosto no Concello de Zas.

Todas as proxeccións comezarán ás 10 da noite e contan coa colaboración do Videoclub Ceca de Santa Comba.



Ligazóns recomendadas

PROGRAMACIÓN VERÁN 2008

Xa está disponible a programación de verán con numerosas actividades deportivas e culturais para todos os públicos.

Hai festas para os maiores e para os nenos, campamentos deportivos e urbáns, cursos de natación, tenis e informática, noites de cine, exposicións, obradoiros de artesanía, excursións, títeres, música, teatro...
Podes consultar as datas na Axenda.

Ligazóns recomendadas

CLAUSURA ESCOLAS DE TEATRO E PINTURA

Os alumnos da escola de Teatro do Concello de Zas celebraron a clausura do curso con sendas actuacións nos Auditorios de Zas e Baio. A primeira delas tivo lugar o domingo 22 de xuño ás 11.30h no Auditorio do Concello, na que os distintos grupos repartidos por idades representaron as seguintes obras de pequeno formato:

· A nena que non podía deci-lo A
· O inspector
· O partido
· O ramo
· Soy un truhán

Os rapaces repetirán actuación o sábado 28 de xuño ás 20.00h no Auditorio de Baio e recibirán un Diploma de mans do alcalde, Manuel Muíño .


Por outra banda, os alumnos do curso de Debuxo e Pintura clausuraron a súa actividade cunha Exposición dos traballos realizados durante o curso. O martes 24 de xuño ás 11.00h inaugurouse a exposición e os alumnos recibiron tamén o seu diploma de mans do alcalde. A mostra permanecerá aberta ata o venres 27 de xuño.

Tamén tivo lugar a festa dos nenos o día 22 de xuño da que hai unha nova galería de imaxes.


Ligazóns recomendadas

A CAMPAÑA DE CONTACONTOS, EN IMAXES

Ofrecemoslles unha galería fotográfica que ilustra o paso de `Trinke Trinke´ polo noso Concello.

Trinke Trinke, cos nenos e nenas de ZasXa dispoñemos de imaxes frescas da Campaña de Contacontos que o Concello de Zas ofrece no presente mes de abril con motivo da celebración do Mes do Libro. Lembremos que a compañía do Trinke Trinke e os seus Ratos da Biblioteca están a compartir a súa afección á lectura cos nosos nenos e nenas, ata o día 29.

Se quere achegarse a estes momentos de lecer...

...prema na ligazón que lle ofrecemos ao pé !.

Ligazóns recomendadas

ZAS DIXITAL. REDE WIMAX E PORTAL CIDADÁN PARA TODOS E TODAS

Presentación de Zas DixitalZas poñerase á vangarda dos servizos de conexión inalámbrica no rural co proxecto ZAS DIXITAL, financiado pola Consellería de Innovación e Industria e o propio Concello.

Como xa anunciamos no seu momento, o pasado xoves, 21 de febreiro, achegáronse ao Local Social Dona. Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información; Don Lois Barcia, delegado provincial da Consellería e o Exmo. alcalde do Concello, Don Manuel Muíño para explicar polo miúdo en que consiste a iniciativa `Zas Dixital´.

A Rede WIMAX do Concello permitirá que todos os edificios públicos conten con banda ampla, e en cada un deles se instale unha rede WIFI de conexión a internet para o acceso no entorno dos mesmos e, por outra banda, este proxecto está orientado a prestar servizos á cidadanía que precise unha solución de conexión fiable e segura á rede de internet por banda ampla.

Finalmente, sinalar que no cadro desta iniciativa crearase un servizo de e-administración onde os veciños e veciñas poderán interactuar co Portal Cidadán, un sistema de xestión que permitirá o acceso a información sobre o Plan Xeral de Urbanismo e ao servizo telemático de información á muller, entre outros.

Ligazóns recomendadas

VISITA VIRTUAL DE ZAS

Exterior das Torres do AlloNa nosa nova web incorporamos unha impresionante visita virtual ás Torres do Allo.

Poderás visitar dende a rede o fermoso exterior e o museo interior das torres.

Viaxa sen moverte, disfrutando das nosas paisaxes e entorno e anímate a visitalos en persoa.

Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008

Formato RSS 2.0
Concello de ZAS
By Abertal